26/05/14

Máis contos do Manolo




Os seguidores do blog dos Parentes son adictos ás historias do Manolo do Tío Bernardo e sempre andan a pedir máis. Pois aí lles vai outra.
 


Isto eran dous rapaces que quedaron orfos, os pobres, e a cargo dun tío que tiña moitos cartos. E velaí a conversa dos dous irmáns cando finou o pobre do home.
-Ai, e o tío aínda che nos deixou ben cartos!
-Si oh, aínda che nos podía deixar máis!
-E deixóuchenos os que tiña!
-Pero o tío fumaba tabaco do caro!!!
(vamos que se fumase do barato aínda deixaría máis)

E como estamos en maio di o Manolo que “o que en maio se molla en maio se enxuga”. Como xa son os días longos aínda que chova sempre ha saír o sol para secar. Por iso tamén se di que non hai maio sen torbós nin homes sen collós

Ningún comentario: