31/08/14
30/08/14
Os Chousos
O camiño real pasaba por Trasar, de Trasar de Sabugueiro
cara a Chantada (moitas recuas cargadas, mesmo de ferro), e atravesaba a devesa
dos Chousos, un dos sitios que máis respecto metía noutrora. Os homes, se tiñan
que pasar por alí de noite, adoitaban levar a escopeta, por seacaso. Disque había
un “medo”: aparecía os días 4 cando había feira no Coedo pero só se vía cando
se ía e non á volta, tampouco se vía cando ía un só. Segundo se andaba pola
recta do camiño o medo ía desaparecendo, era coma un frade lendo nun libro.
Tamén hai quen dicía que o tal medo era un escapado ou facineroso para que a xente non se lle achegase. Isto
cóntao o Manolo do Tío Bernardo. O Xan engade que por alí tamén deberon matar
un francés nos tempos da guerra de independencia e que antes de morrer pedía en
francés que o deixasen que tiña fillos que coidar. Hoxe pasamos por alí no
coche sen medo ningún, outros tempos.
Dinos o noso asesor de nomes que Chousos significa eidos cerrados, cerradas
29/08/14
28/08/14
Lecer
Pois agora que o Pepe volveu das Américas, o Xosé e a Marta
puxéronse a degustar un bacalhau portugués e o Xan unha sidrina asturiana en
Oviedo
27/08/14
Día negro
Pois si que foi onte un día negro en Chantada, no mellor das festas, no día das empanadas, estes tristes sucesos
26/08/14
Demo de xabarín
Pouco máis pode asoballar o xabarín, teno todo medio
dominado. Como pegue coas uvas da ribeira en Carcacía, vai ser boa.
25/08/14
23/08/14
Contos do MTB
Había unha vez unha moza rica que namorou cun mozo rico e
antes de casaren o mozo deixou o tabaco, que fumaba moito. Pasada a noite de
vodas a nai preguntoulle á filla casada, e
que tal foi? e el cumpriu? Contestou a rapaza: non, mamá, non foi nada. E así varios días ... non era nada. A nai xa
se empezaba a preocupar cando a filla lle dixo: díxome el que se non fumaba non podía cumprir. E alá vai a sogra,
mercou uns cartóns de tabaco e cando entraba na casa preguntoulle o home: e para onde vas con tanto tabaco? Di ela: é
para o xenro que ben lle cómpre e ti tamén podías fumar algo máis.
Outro conto do Manolo TB, como el di é moi distinto ser un ocurrente que ser un rente ó cu
Por certo os de Vicky Polard conseguírono, parabéns, grazas a 58 mecenas van facer o disco.
22/08/14
Fin de semana de festas
No Facebook de Terras do Incio cítase este blog
dos Parentes por mor dunha foto da festa da Cervela. Seica son esta fin de semana as festas de Santa Lucía na Cervela. Alí estivo de crego moitos
anos o noso tío José. Cando eramos
rapaces a Madriña (a Tía Concha do
Tío Bernardo) íanos levando por quendas á festa da Santa Lucía para que viramos
os danzantes famosos. Era unha muller moi meniñeira, tivemos sorte que fose a
madriña de varios curmáns. Saúdos para
toda a familia da Casa da Eirexe especialmente para a Señora Mercedes.
E como tamén son as festas
de Chantada saudamos a todos os lectores e amigos chantadinos.
Por aquí así de
bonito está o millo barbado. Parece vestido para unha festa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)