31/12/10

2011

Paz Unión Alegrías Esperanzas Amizade Éxitos Amor Realizacións Respecto Harmonía Forza Solidariedade Felicidade Cordialidade Confraternidade Prosperidade Sorrisos Sabedoría Igualdade Soberanía Liberdade Sinceridade Fraternidade Equilibrio Dignidade Memoria Leite Moitoleite Moito-leite-ben-pago
2011

29/12/10

O libro da vaca


Onte presentouse moi cerca de aquí, en Fontefiz, un libro con máis de mil seiscentas páxinas sobre a vaca. Si, sobre a vaca: nomes das doenzas, refráns, nomes de cada un dos anacos, cantigas... Un libro moi interesante para nós que vivimos das vacas. Ademais tivemos a sorte de que o noso amigo don Xesús Ferro nos convidase ao acto e alá foi un representante dos Parentes. Agora xa temos en que pasar o tempo lendo no libro. Tamén queremos felicitar a don Pedro Benavente e a don Xesús Ferro por tan interesante e magnífico traballo. Agora este terá que ser o libro de cabeceira dos Parentes. Tanto don Pedro coma don Xesús xa saben que poden vir polo Arransallo cando queiran e serán ben recibidos.

28/12/10

A cerca da Casa de Baixo


A vella cerca da casa de Baixo de Trasar de Carballo foi construída por un antepasado chamado Xan hai moitos, moitos anos. E tan ben construída que nunca tivo unha borralleira, e aturou cheas, obras ... Pero todo chega ao seu fin, agora vai desaparecer a cerca porque o Xan chegou a un trato coa Xunta de Galicia, vendeulle toda a pedra da cerca para ser empregada nas futuras obras de restuaración da muralla de Lugo. Segurísimo que o antepasado Xan se sentiría orgulloso de saber que as súas pedras foron parar á muralla da capital... e o actual Xan aproveita uns cartiños que lle veñen ben agora que o leite vale pouco.

25/12/10

A puza das hortas

A Puza das Hortas de Trasar de Carballo foi durante xeracións onde se daban as noticias do lugar. Aínda conserva as pedras para lavaren a roupa cinco mulleres á vez. Ben seguro que alí se sabía dos amoríos, dos nacementos, das mortes doutros lugares, de que ía ou quen viña das Américas. Canto liño, canta roupiña non se lavaría alí! E cantos contos e murmuracións non escoitarían estas pedras! Pois para non ter moito uso aínda se conserva ben. Habería que facela monumento coma o Peto na cima do lugar.

22/12/10

Boas festas


Os Parentes desexámoslles a todos os nosos amigos, amigas e visitantes do blog e mais da web unhas boas festas de inverno.
Que teñan e teñamos saúde xa que non tivemos sorte coa (ca)lotería.

17/12/10

As témporas

Hoxe falou delas o home que máis sabe do tempo, o tal Pemán, na radio. Resulta que as témporas son 3 días: onte, hoxe e mañá. Fíxense no tempo que predominou cada un dos días e terán cal vai ser o tempo dominante. O tempo que fixo onte 16 será o que veña deste 21 ao 20 de xaneiro. O de hoxe, do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro. O de mañá, do 21 de febreiro ao 20 de marzo. Se teñen mala memoria anoten nun papel (e logo non perdan o papel, claro) para ir mirando. Seguro que acertan que xa os romanos, que eran ben agudos, miraban sempre as témporas.
Hai máis posibilidades de que atinen as témporas ca de que acerten Os Parentes na lotaría do Nadal.

12/12/10

A presa do Penete

Hoxa na Voz de Galicia hai un artigo moi interesante que fala da presa da casa do Penete de Vilaguillulfe por estar cerca do desaparecido lugar de Portapena.
Poden lelo aquí

10/12/10

Fóisenos o Baldomero, que en paz estea


Foise o Baldomero, dende a súa ventá podía ver esta paisaxe. De vivir o noso Tío ANXO Cura do Incio pediría pra el "un aplauso"

07/12/10

Doutor Mateo


O doutor Mateo é o protagonista dunha serie de Antena 3. Pois esta foto mándannola desde Prado, un pobo próximo a Llastres, que é onde está gravada esa serie. Por alí tamén hai moitas vacas e herba (será por iso que se chama Prado). Reparen en como son alí os hórreos asturianos e tamén en como coidan as cousas, vaia acobillo máis feituco para esperar os Alsa (que seica é como lle chaman alí ás Directas)