O noso novo correo electrónico é
parentes@osparentes.eu
O antigo vai deixar de funcionar en breve
29/08/10
27/08/10
Vacacións
25/08/10
21/08/10
20/08/10
Mirando a cámara
1.- A becerriña mira a cámara e pregunta onde hai festas. Pois en Chantada comezan hoxe as festas do Carme.
2.- Outra vez o noso parente Sindo sae na Voz de Galicia falando de cabalos (ver)
2.- Outra vez o noso parente Sindo sae na Voz de Galicia falando de cabalos (ver)
18/08/10
16/08/10
Visita ao Hospital do Incio
Di a cuñada Pilar que co paso do tempo o busto se vai parecendo máis ao ir escurecendo a pedra. A Maricarmen non o ve tan claro. As dúas acompañan na foto ao Zoqueiro, que con agarimo coida decote das roseiras que plantaron el e mailo Cura. Tamén ensina a igrexa a quen queira entrar e conta que desde que finou o don Ángel baixaron as visitas.
Hoxe é día de San Roque: por dicir viva San Roque prenderon a meu irmán, agora que o soltaron viva San Roque i o can!
15/08/10
Xantar dos curmáns
Convocados polo Curmán Maior Benigno, os curmáns netos da Carmen de Baixo e do Pepe do Tío Bernardo tiveron o 14 o seu xantar anual na Peroxa moi ben organizado polo Vicecurmán Elías. Presididos polo padriño da Curmandade, o Manolo, e polas madriñas, a Lina e a Pilar estiveron 12 curmáns; só faltou o Manuel porque o seu traballo o retivo nas Canarias. Tamén viñeron as mulleres e maridos dos curmáns e curmás; menos a Marta e a María por motivos de última hora. E a nova xeración, os fillos, tamén se achegaron á Peroxa, só a Alba e a Helena non puideron vir. En total 35. O máis novo, o Santi, aproveitou para ir coñecendo a familia un por un. O curmán Maior pediu un brindis e felicitou a Maricarmen e o Paulo por seren novos funcionarios das Xuntas de Galicia e Castilla y León.
Os primeiros en marcharen foron o Pepe e o Xosé porque estaban de garda nos Parentes e as vacas non saben de festas. A maioría prolongou a tertulia ata as nove, conto vai e conto vén. E os coches foron partindo para Noia, Bueu, Ponferrada, Pontedeume, Cartelos, Chantada, San Mamede, etc.
11/08/10
Saúdos
Saúdos para un dos lectores máis novos da páxina dos Parentes. Hoxe fixo en Cartelos a súa Primeira Comunión rodeado dos seus amigos e familiares. Agardamos que pasase un bo día e tivese moitos agasallos
09/08/10
07/08/10
Por fin...
Hai que pintar o san Lourenzo
Había un señor de Cartelos que cando algo non lle conviña dicía: imos pintar o san Lourenzo. E o san Lourenzo é o día 10, festas en Cartelos, polo que teremos que mirar de acabar coa recolleita da herba seca para que o Xan e o Pepe poidan ter un descansiño que están tatos de traballo
02/08/10
Máis de herba
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)