31/01/10

Foise o Gumersindo


Foise o Gumersindo, o Barbeiro de Valdoregueiro, o acordeonista, o que sempre tiña tempo pa alegrar a vida aos demais con unhas pezas de acordeón, festas, vodas, bautizos, primeiras comunións, sempre presente. NON TE ESQUECEMOS

29/01/10

Hórreo


Vemos na foto o escultor e canteiro Joseíño de Requeixo que anda a axudarnos a recuperar o Hórreo que agora é da casa do Tío Bernardo. Os pés e torna-ratos foron da casa da Antonia, as pedras que están a colocar viñeron doutro Hórreo da Casa do Arrieiro, e logo teremos que contar cun carpinteiro praa colocar a madeira. Na próxima colleita de millo será cando se utilice de novo

21/01/10

Sempre defendendo

Moitas veces Os Parentes tivemos que ir a manifestacións para defendermos o prezo digno do leite. Hoxe moitos amigos nosos estiveron en Santiago manifestándose pola dignidade da lingua que falamos Os Parentes. Aínda que non puidemos ir polo traballo estamos con eles. Mándannos este vídeo do remate

18/01/10

Fruxe e parabéns


Andamos a traballar no asunto dos porcos, mentres vai unha foto da fruxe (os porcos que cebaremos para a próxima matanza) descansando.
E aproveitamos para felicitar a nosa Maricarmen polo éxito nas oposicións esas tan reñidas de Silleda.

17/01/10

O fumeiro


Con este tempiño que temos , dan ganas de pegar co fumeiro. Deus o libre de bocas alleas

14/01/10

O aire e o vento


Os efectos do aire da noite pasada. Foi moito , deixounos sen luz ata mediodía, munximos pola mañá con axuda dun grupo electróxeno

13/01/10

Unha boa e outra mala


Primeiro a boa, os problemas co andazo nos ollos en Vilaguellulfe van a mellor.
E a mala é que morreu un dos nosos escritores favoritos desde hai moitos anos. A nova está na Voz de Galicia, nós sempre lle tiñamos moita fe ao Mentireiro Verdadeiro.

12/01/10

saúdos desde Madrid

Un seguidor dos Parentes que tamén é seguidor do Xabobeo mándanos saúdos fresquiños desde Madrid onde exerceron de galegos

08/01/10

Gumersindo


Temos o Tío Gumersindo moi maliño, home divertido que repartía alegría facendo bailar a xente por onde quixera que pasara. Nos tempos mozos sempre traia consigo o acordeón e era raro que antes e despois de comer non botara unha peza, sempre se facía de rogar para tocar a tan bonita de "mañana por la mañana te espero Juana en mi taller"

06/01/10

Foise a mamá Servanda

Nacera o 4 de agosto de 1912, polo que chegou aos 97 anos, cunha boa saúde e sempre coa súa receita máxica: cada un é médico de si mesmo. Mentres puido axudou a todos. O seu pack para as paridas era moi completo: galiña con moita enxulla, tableta de chocolate, pela de manteiga, botella de Sansón. Moito a imos botar de menos todos.
O velatorio na súa casa do Barrio de Puga
O enterro o día 7 ás catro en Pradeda.

05/01/10

Estes virus

Hoxe non hai foto, que o informático dos Parentes anda pelexando cun virus e non ten azos...

01/01/10



Na foto de hoxe podemos ver un dos bocados exquisitos na matanza cas do Xan a semana pasada. Son a paxarela (bazo, a máis escura) e as carnes mortas (páncreas). Hai que as comer no momento da matanza. Preparounas a cuñada Vitoria á prancha con pan de Cea e viño de Oleiros. O sobriño Paulo di que é o mellor da matanza.

Como nos dixeron que Cáceres era unha cidade moi bonita non dubidamos en apoiar a súa candidatura. Seica ata nos van dedicar unha rúa (pinchar aquí).

Osvaldo o guaraní



Pois resulta que rematamos o ano cun axudante para munguir que é nado en Paraguai e fala Guaraní, e di que por encontrar -atopar- en galego , en guaraní din -atopá-.
As vacas non notaron a diferencia posto que o Osvaldo é todo un profesional munguindo