Pinche para escoitar
30/09/14
28/09/14
22/09/14
19/09/14
Vendima 2014
Este ano deulle por chover e o Xan ten que adiantar algo a vendima antes de que apodreza a mencía. Tócalle mañá, hoxe xa foi facer a vendima pequena e trouxo mostras da colleita
14/09/14
A ribeira sacra
Este Carrabouxo sempre xenial, xa había tempo que non poñiamos aquí algún chiste seu
O de rezar o viño aplícase ás pequenas burbullas que fai cando cae na xerra ou no vaso, reza sobre todo cando é novo e sae da cuba. Estas burbullas forman coma un rosario no borde do vaso, de aí o de rezar. E díselle a frase: se te vas quédome, se te quedas voume, porque no bo viño as borbullas desaparecen axiña (na augardente é ao revés: deben permanecer un pouquiño)
E falando de Ribeira Sacra, onte en Ferreira de Pantón tivemos a ocasión de ver pasar a Vuelta Ciclista:
12/09/14
09/09/14
San Pexerto de Buciños
Onte falabamos do Faro e a súa romaxe. Moitos ofrecidos ao Faro tamén o eran ao Santo de Buciños e facían noite no camiño entre as dúas. Poden estar orgullosos os de Buciños que teñen un santo para eles sós, que o trouxeron de Roma grazas a un bispo hai anos (ver historia). E logo aínda lles queda o patrón San Miguel. Que teñan boa festa hoxe os García en Trasar de Sabugueiro.
08/09/14
Día ben santo: a Nosa Señora do Faro
Hoxe é o día da Virxe do Faro, santa querida, a máis avogosa de todas cantas coñecemos. É tan avogosa que se lle pode pedir de todo, non ten ningunha especialidade coma a maioría dos santos e santas. Pero iso é aquí onda nós, na terra da Mila hoxe celebran as festas da Encina, a súa santa máis querida. E na Franqueira tamén festexan a Nosa Señora. E os asturianos a súa patroa La Santina de Covadonga. E en moitos sitios máis.
E claro, todas estas Santas Virxes han ser da familia, polo menos curmás (cas de fóra de Galicia) ou irmás (coas galegas) e por iso escolleron sos santuarios en sitios altos para se veren nos días claros, que daquela non había blogs, nin facebook nin WathsApp. E por que non?
01/09/14
Carcacía de Oleiros e segundo día do San Ramón
Anda a Carmen ensinando o románico da zona aos interesados. E mándanos foto de Carcacía onde ten a ribeira o Xan. Sae en A Ribeira Sacra, Guía práctica. Manuel Garrido, Ed. Xerais. Pódese ver a casa que arranxou o Señor José da Ribeiriña, o que coidou moitos anos da ribeira da Casa de Baixo.
Hoxe é a refesta do San Ramón (o señor José dicía que era moi devoto do San Ramón polos partos da señora Manuela -con moita retranca porque non tiveron rapaces-) e a Marta tivo tempo a botarlle un baile na sesión vermut en Lobelle
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)