Disque o rapaz foi onda a mai e preguntoulle:
- Mamá, e o corazón ten pernas
- Ti que preguntas, rapaz, non te entendo, que dis?
- Que se o corazón ten pernas, mamá?
- Pero por que o dis, fillo?
- É que no portal ao entrar alí na parte escura escoitei un mozo que dicía: abre as pernas, corazón!
(son as historias do Manolo)
27/02/14
23/02/14
Lobos rabiosos na contorna
Os lobos rabiosos hai tempo atacaron na nosa terra segundo La Voz de Galicia de hoxe. Contan o Manolo do Tío Bernardo e a Pilar de Baixo que eles escoitaron moitos contos sobre iso. Que unha das feridas polo lobo era da casa do Gabriel de Trasar, que a atacaron nun eido en Vilar de Mulleres e que subiu a un carro para se protexer, a pobre acabou morrendo diso.
20/02/14
17/02/14
Pasamento da señora María do Gabán de Quintá
A señora María do Gabán, unha boa muller, das de antes. Fóisenos. Os nosos agarimos para a Ana María, unha das máis queridas seguidoras deste blog, e tamén para a súa nai a Ascensión. Que en paz estea!!
13/02/14
10/02/14
Neve e muíños
Deste xeito apareceu o Arransallo dos Parentes hoxe á mañá:
O Muiño de Quintá ten auga de sobra para traballar.É un dos poucos da zona que segue en funcionamento, no verán traballa coa "luz" e no inverno con auga
09/02/14
Embolecar
Conta a Pilar de Baixo que o seu pai (o Sr. José do Guerra do Barrio) dicía: ao pasar dos 50 xa se emboleca (ao pasar dos 50 anos é moi habitual caer ao tropezar). Son cousas dos anos.
07/02/14
Cuestión de bombillas
Conta o Manolo (coa axuda da Lina) que era un día escuro e o señor cura estaba misando cando se fundiu a bombilla da igrexa. Como non se vía o padre colleu unha cadeira e púxose a cambiar a bombilla pero ao tocar no portalámpadas deulle un latigazo de corrente e berrou JODER!!!! E contestaron a coro as mulleres: ES JUSTO Y NECESARIO!!!
04/02/14
03/02/14
Agradecidos a Teté Xiz que escribiu sobre o tío Anxo, o cura Don Ángel do Incio
Longa, preciosa é a biografía que sobre o noso tío Cura do Incio (do que tantas veces levamos falado aquí) puxo Teté Xiz en galegos.info. Moitas grazas de parte da familia.
Que ben medra a Triana
Despois de comer no Barrio de Puga unhas filloas (feitas pola especialista Ana María) a Marta tivo tempo para lle dar uns colos á Trianiña en Cea baixo a atenta mirada do seu padriño
02/02/14
A Encina e Lleida
Xa temos correspondente na cidade de Lleida, a parenta Encina estanos alá de farmacéutica, halle ir moi ben, que ela é ben aguda
01/02/14
Nevando no Barrio de Puga
O Guerra do Barrio sempre facía a mata polo San Vicente (22-1) e moitas veces había neve. Este ano atrasou para a Candeloria e algo de neve tamén veu. Aínda que xa é neve febreiriña que segundo contaba a señora Servanda: que dure a mala veciña como a neve febreiriña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)