25/06/14

O gaio cereixeiro

Falando na cociña da Casa de Baixo no día da nai de paxaros ... saíu o ouriolo.RAG: Paxaro da familia dos oriólidos (Oriolus oriolus), de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e a femia de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores. Outros nomes: milleiro, nicolao, papafigo, vichelocregoChegamos á conclusión de que o tal paxaro é o que en Trasar chamamos gaio cereixeiro (o que tamén se di na Galipedia).  Agora o Bernardino engade que alá por Lousame lle chaman Traballa gallego.

24/06/14

Polo San Xoán a sardiña pinga no pan

Hoxe é San Xoán e está de santo o noso Presidente.
E tamén os nosos parabéns para a Helena que está de aniversario, xa é unha persoa con dereito a votar. Ademais tirou unha boa nota na selectividade, ten dereito a un bo agasallo.
De rapaz o Xan ía de convidado co seu pai a San Salvador polo día de hoxe.
Parabéns logo para pai e filla.
(Igrexa de San Salvador)


15/06/14

Crónicas do Samantonio cas Guerra do Barrio

Moita comida e fartura

Sobremesas que sabían a Gloria

Moita conversa sobre a ribeira. Vimos a tesoira de enxertar do Paco

Falamos da poda, esta podencha non é do Guerra, é do Fran de Pazos e ten máis de 100 anos

13/06/14

O Santo Antonio de Pradeda

Hoxe está de festa o Paco do Guerra do Barrio, día do patrón, terá que poñer a garavata ... Seguro que aí non teñen o costume de botar un porco polo campanario coma en Santo Antonio de Louredo do Padre Casares. Algúns pasaremos polo Barrio comer un bocado, que o viño é da ribeira de San Fiz.

11/06/14

Alborada na Coruña

Saúdos para Santiago Diéguez, amigo dos Parentes, que tan ben atende no Alborada... e a clientes tan ilustres


08/06/14

Encontramos en Lobelle este bichiño cheo de chocolate, puxémonos ao trato e demos conta del