25/06/14

O gaio cereixeiro

Falando na cociña da Casa de Baixo no día da nai de paxaros ... saíu o ouriolo.RAG: Paxaro da familia dos oriólidos (Oriolus oriolus), de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e a femia de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores. Outros nomes: milleiro, nicolao, papafigo, vichelocregoChegamos á conclusión de que o tal paxaro é o que en Trasar chamamos gaio cereixeiro (o que tamén se di na Galipedia).  Agora o Bernardino engade que alá por Lousame lle chaman Traballa gallego.

Ningún comentario: