Acabo de enterrarme segando na seca, aínda que non se crea con esta sequía
27/06/11
25/06/11
Xubilación
A xeración dos Parentes xa se vai facendo maior. Resulta que o noso Curmán Maior, o profesor Don Benigno, se prexubilou estes días. Alá en Noia foron moitos os rapaces que pasaron polas súas clases e seica gardan un moi bo recordo del, que era moi bo profesor. Así que agora terá moito máis tempo para os labores de represenación de Curmán Maior e outras actividades.
24/06/11
Un aturulo e unha muiñeira
Onte foi a noite máxica dos lumes e das meigas. Hoxe é o día de San Xoán, o santo do noso Presidente (convida a unha copiña de licor) e o aniversario da Helena. Podémolo celebrar botando un aturulo e escoitando esta versión antiga da nosa muiñeira preferida
19/06/11
18/06/11
16/06/11
A Panorama en Pradeda
Demetrio e Manolo miran para a orquestra Panorama con moito interese, pouco baile pero moito espectáculo.
15/06/11
Chegou a crise a Pradeda?
Pois parece que non porque nada máis e nada menos que a orquesta Panorama actúa en Pradeda polas festas do San Antonio, nunca tal se vira, quen lla dera nas festas da Barrela ou de Castro, e case de Chantada.
Próximas actuaciones
Fecha | Hora | Localidad | Provincia | Con |
---|---|---|---|---|
15-06-2011 | 23:00 | PRADEDA(CARBALLEDO) | Lugo | - |
11/06/11
Raposo
O Raposo está indignado, quere saír da balsa pero non dá agatuñado, teremos que axudalo cunha escada
09/06/11
As cegoñas
Antes que non había cegoñas nacían moitos nenos nesta terra, agora que hai moitas cegoñas nacen poucos meniños. Conclusión: non deben ser as cegoñas as que traen os rapaces.
A foto non é moi boa porque como pagan pouco o leite temos un móbil algo ruín para fotos. Aínda que tamén pode parecer unha foto artística. Pero o que se ve son cegoñas nun prado.
05/06/11
Armar unha gaiola
Hai anos os rapaces armabamos gaiolas para pillar paxaros. Na casa do Gil aínda se conserva esta do Antonio (daquela o Toñito) -Foto Bernardino-
04/06/11
03/06/11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)