30/06/15
27/06/15
Campaña da herba seca
Como o tempo vén bo andamos na campaña da herba seca. Aquí facendo bolos no Santísimo (ese é o nome que lle dan a un prado dos que levamos porque antes estaba relacionado cunha ofrenda na igrexa de Buciños)
24/06/15
Polo San Xoán a sardiña pinga no pan
Outra vez nos erguemos cediño para ver bailar o Sol e despois poñernos a munguir a vacas. Pero outra desilusión, coma tantos anos, NÉBOA E MAIS NÉBOA. Xa empezamos a pensar que non é certo que o Sol baila e por iso sempre pon néboa o encargado do tempo.
E está de santo o noso Presidente, cantas veces polo día de hoxe ía con seu pai (os dous Xan de Baixo) comer o xantar a San Salvador de Búbal. Como lles prestaba aquela festa! o primeiro que se facía ao chegar alá era baixar á corte ver as vacas, xa antes de lle tomar un vaso.
Tamén temos que felicitar hoxe polo seu aniversario a Helena, que axiña nos vai marchar unha tempada a Irlanda mellorar o seu inglés. Hana botar de menos na Casa de Baixo!
E para rematar, comunicamos que a nosa Marta xa se vai recuperando do seu ombreiro. As vacas e as becerriñas non fan máis ca preguntar por ela.
Estas son as herbas que deixou a remollo o Bernardino alá en Boiro esta noite especial21/06/15
13/06/15
Parabéns para Laura Celeiro, no Incio
Os nosos parabéns para Laura que no discurso de toma de posesión tivo unha garimosa lembranza para o noso tío Anxo
10/06/15
09/06/15
05/06/15
02/06/15
01/06/15
Para cando Fran Vázquez ilustre de Carballedo
O parente Paulo envíanos desde Medina de Pomar esta imaxe da máis importante revista española de baloncesto: aparece no titular o lugar de Saramagal, no noso concello, como berce dun dos grandes do baloncesto español, Fran Vázquez, que case sempre o poñen como nativo de Chantada. Na revista aclárase perfectamente o asunto.
Para cando o noso Concello vai incluír a Fran Vázquez nos Ilustres de Carballedo? Para cando unha merecida homenaxe? Os Parentes sentímonos orgullosos dos nosos. Como ten que ser!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)