31/10/15
A Peneda Cabezuda
Xa temos estado na Peneda Cabezuda pero nós non sabemos mirar ben o que alí hai como nos explican aquí en Televinte
26/10/15
Sorte tivo o animal con tan boa coidadora
Na foto non vemos o "abuelo", El foi o "armadanzas " que mercou o burro para a súa neta. A neta seica quería un cabalo, pero pásao moi ben co burro. Ai, quen fora avó para facer o mesmo!
25/10/15
O que nace para ochavo nunca carto paga
Refrán da Pilar de Baixo: o que nace para ochavo nunca carto paga. Parece que o ochavo era unha moeda ruín, por iso o que nace mala persoa ou ruín nunca será moito de fiar nin será de proveito
20/10/15
O leite sobe de prezo 5 céntimos para o que o compra e para nós só 1 céntimo
Dío hoxe La Voz de Galicia (VER). Así que xa se ve para que serviron as tractoradas e protestas, para engordar os que xa estaban gordos. Os pagáns, os de sempre: nós os gandeiros e os que mercan o leite. É triste, pero é...
19/10/15
16/10/15
Saúdos desde Valencia
En Valencia anda a nosa parenta Dra. Inma ampliando os seus coñecementos e comparte a restauración que por alí hai:
Pazo Barbeirón, onde se pode un perder...
Se se decide a visitar o Pazo Barbeirón, estes hano atender moi ben
15/10/15
10/10/15
Remate da ensila
Andan dúas máquinas traballando, andamos a toque de caixa para terminar antes de meter o millo antes de que chova
07/10/15
03/10/15
Volve pronto e co brazo dobrado
Dixo a señora en Xagrade "volve pronto o co brazo doblado". Iso me contestou en Xagrade a veciña do Armando, cando despois de mirar un puzo xa eu me despedía, presentoume os veciños e eu pedinlles que cuidaran ben do novo veciño e foi cando ela mo dixo. Nunca tal escoitara ...
Explicación da frase: co brazo dobrado tendo conta da cesta chea de viandas
Explicación da frase: co brazo dobrado tendo conta da cesta chea de viandas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)