11/06/16

Café Bar Rúa 11, La Rúa, León

A quen vaia por León xa sabe onde almorzar ben, tomar un vermú, unha cervexa, un viño ... e unhas ricas tapas. No 11 de La Rúa, no centro, ben atendidos por Rubén. Así nolo contan os nosos parentes que por alí pasaron e mandan fotos.


09/06/16

Xestas con semente

Como se chaman estas fundas da semente das xestas? Pode ser varxel? ou varxa?
E cal é a diferenza entre unha xesta e un pidorno
 

06/06/16

Así quedaron os silos

Os dous do medio son os de herba deste ano, no final (sen rodas ) xúntanse e saen 35 m das paredes en dirección á estrada. As paredes teñen 40 m de longo e tres de alto