31/08/15

San Ramón en Lobelle

Pois si, hoxe é o día grande das festas de Lobelle. Calquera amigo ou parente que pase por Cas Gil de Lobelle de Arriba, non lle ha faltar unha copiña de licor, que a Señora Ama xa ten máis arte, que o ombreiro se vai recuperando.
Conta o Manolo do Tío Bernardo que había en Lobelle un famoso cura, o don Ramón. Cando saía ben farto dunha casa despois dunha boa comida espetaba: gracias a dios e ós nosos señores, as nosas barrigas parecen tambores.
Pois iso, San Ramón, o dos partos difíciles.

25/08/15

O noso Celtiña

O Cura do Incio xa era do Celta e mercou unha acción, agora o accionista é o noso Presidente e presume de equipo, claro, está de primeiro... Xa o di o Carrabouxo

 

24/08/15

O porco bravo

E veu o porco bravo e estragou a leira de millo, menos mal que non é dos Parentes, pero outro día nos tocará, ben seguro!


1979 concello do Incio democrático

Grazas ao Moncho do Fidalgo por estas imaxes nas que aparece abondo o noso tío, cura do Incio

21/08/15

Seguen as tractoradas e manifestacións

Ás 10:55 na edición dixital de La Voz de Galicia hai que ir moi abaixo para atopar as protestas da Terra Cha, por exemplo está antes un ataque de pulgas na piscina de Lalín ou que Penélope Cruz corta o pelo na próxima película. Pero xa estamos afeitos, sabemos ben a quen defende cada quen!
Á mesma hora no Faro de Vigo tamén está antes o das pulgas!!!
No Progreso xa está de 3ª importante a tractorada de Vilalaba!
Menos mal que o Noticieiro Galego, si trae de primeiro o do leite!

19/08/15

Procuramos facer as cousas ben

Nós tentamos facer as cousas ben, o certificado así nolo recoñece.
Outra cousa é o que non depende de nós, na reunión onte en Madrid máis do mesmo. Teremos que seguir con paciencia, ilusión e fe ... aínda que todo iso non nos axude a pagar os custos da produción.
 

13/08/15

Niso anda a nosa Carmen Glez Doval

Nas escavacións arqueolóxicas das que fala La Voz de Galicia (ver nova) está traballando este verán Carme Glez. Doval, e aínda lle queda tempo para Velaísca
Tamén se pode ver neste vídeo de Televinte:
 

11/08/15

Pazo de Cartelos

Xa temos posto neste blog algún vídeo do Pazo de Cartelos. O día de San Lourenzo viñeron a Ana e o Moncho desde a Valenzá coñecer a bisavoa do Aldán. Aproveitando que eles xa viñeran ao Pazo hai anos o Xan xestionou a visita despois de xantar. E o veciño e amigo dos Parentes Constantino González foi todo amabilidade e sabedoría mostrándonos o Pazo, o Carballo ... Todo.


10/08/15

Día de San Lourenzo, o patrón

Hoxe é día de fartura cas Lina  e cas Pilar de Trasar, rodeadas das súas familias. O primeiro San Lourenzo para o Aldán da nova xeración.
E xa que falamos de festas compartimos este cartel ben retranqueiro el
 

06/08/15

Fomos a Chantada PROTESTAR (non de festa, por desgraza!!!)

Fomos a Chantada, fomos moitos e sorprendeu a cantidade de xente moza que conducía tractores, que pena ... que non marche mellor o leite,  ver a xente nova sen futuro no campo só nos pode levar á pobreza e deserto do rural, e detrás as vilas!
QUEREMOS AXUDA!!!
CÓMPRENOS MOITA AXUDA!!!

A. Eiré chama á mobilización de hoxe en Televinte

04/08/15

Presumindo de afillada

Si, presumindo de afillada en Cea, a que está guapa a Triana xunto á creación do Acisclo Manzano?
 

02/08/15

Un carballo

Este Señor carballo de Trasar de Carballo  fai sombra no camiño e inda lle sobra póla para abrigar o millo do lavadoiro do Cambote. Paga a pena pararse un pouco á súa sombra