29/11/14

Artigo do Eiré sobre o leite

Feira en Castro hoxe, hai que ter tempo para un café e botarlle un ollo a este interesante artigo do amigo Afonso Eiré en El Correo Gallego

28/11/14

Lusco fusco en Portacales

Lusco fusco na nacenza do río Bubaíño en Portacales ... era un serán unha miga outonizo (Otero Pedrayo)

26/11/14

Saúdos para Lleida

Para a parenta farmacéutica Dona Encina, estas deben ser as vistas que ten (foto Bernardino)


23/11/14

Couselos na cerca de aira de Baixo

Ten aquí o Xan un pequeno criadeiro de couselos. Non vaian pensar que non valen para nada. Na Wikipedia dise:As follas son comestíbeis, pois son tenras e de gosto agradábel. Usouse na composición de xaropes domésticos para doenzas pectorais ou con fins diuréticos. Os couselos empréganse tamén para curar grans, carafunchos ou úlceras, quitando o pelello da folla e poñéndoa no gran ou na ferida. O zume, mesturado con aceite, empregábase contra a dor das queimaduras. Outros etnógrafos recollen este mesmo uso terapéutico coas follas fritidas en aceite, envoltas nunha folla de verza e postas a quentar na borralla da lareira; logo, ben quente, colócase sobre as frieiras.
O problema vai ser topar compradores 
 

15/11/14

Parabéns ao amigo Rubén

Lemos en La Voz:
O escritor Pablo Rubén Eyré, de Chantada (Lugo), gañou o premio Risco de creación literaria co libro de relatos A verdade nos espellos, que foi escollido entre dezaseis obras. O xurado subliñou a habilidade con que o autor «foi artellando os contos» e «a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos», así como «a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma». O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e implica a publicación.
O certame é convocado desde hai quince anos pola Fundación Vicente Risco coa colaboración do Concello de Ourense e a editorial Sotelo Blanco. É un galardón anual que se dedica á memoria do escritor ourensán Vicente Risco e do seu fillo, o tamén intelectual Antón Risco.

11/11/14

San Martiño

Hoxe é o San Martiño, onda nós non é festivo coma en Ourense. Día de moitos refráns. Di a Pilariña de Baixo: o vrau de San Martiño dura tanto como lle leva a un can saltar unha sebe.
Hai hoxe anos que o José de Baixo case saca un ollo cando na escola foron buscar leña para o magosto.
Aquí nos Parentes andamos poñendo novos postos para munguir, está traballando moito o técnico, como se ve na foto (e tamén se pinchamos nela vemos os litros que deu a vaca; a unha familia debían chegarlle para a semana entre iogures, leite e queixo)

08/11/14

Historia dun millo

Historia dun millo que lle foi prometido ás nosas vacas e acabou na boca dunhas ovellas de Bueu

03/11/14

Munguindo

Que conste que esta vaca non é nosa

Triana

Saiban que Triana é o nome da afillada de quen goberna a informática nos Parentes. Saiban tamén que Triana é o nome que levan tres sitios en Galicia (ademais do famoso barrio de Sevilla). E que significa o nome? Pois: tres ríos (anna é palabra celta que significa río)