28/01/15

Foto do Xosé

Velaquí unha preciosa figura. Que será?
Pois semella unha cacavaca ou bosta cos efectos da xeada.

25/01/15

Osvaldo

O noso empregado Osvaldo xai hai tempo na Revista Afriga moi ledo recollendo un premio que gañaron na gandeiría na que traballou anteriormente. É o primeiro pola esquerda. A xuvenca premiada chámase como a súa filla, igual foi el quen a bautizou. 

20/01/15

Correr con xeito

Disque van multar por correr moito. E se nos escapa un animal e non podemos correr para pillalo? E se nos van multar o Curmán Maior nas súas carreiras diarias? Ai Ghasús, Ghasús, istes mundos de hoxe!!??

18/01/15

Figadeira do Guerra

Cas Guerra do Barrio de Puga sempre foi casa farta, diante da señora Servanda ninguén pasaba fame. Con esta matanza rematamos a xeira esta tempada, e con tempo frío. Os porcos estaban ben coidados e como o Paco os deixou pasear a carne ha estar ben rica. Hai quen di que cando os porcos andan fóra ata as tripas cheiran menos.
Coma sempre a Ana María foi a raíña das filloas, non hai máis que ver as fontes acuguladas.

16/01/15

Adiviña

Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non (hoxe en Lobelle)

09/01/15

Volverse da bica borralla

Cada día aprendemos novos dicires do noso padriño e madriñas. Hoxe a madriña Pilar dixo: volveuse da bica borralla. E explicou: quere dicir que acabou en nada, que non foi o que se agardaba.
Pois niso de termos que pagar por producir máis da cota leiteira (que por certo mercamos ben cara e vai desaparecer perdendo oS nosos investimentos)... pois ben se podía volver da bica borraLla o choio ese da supertaxa.

O que xa desapareceu foi o cartel vello e medio podre:

08/01/15

06/01/15

Reises na Coruña

Unha vez gobernada a matanza da Casa de Baixo e antes da matanza do Barrio, vacacións na Coruña

01/01/15

Fin de ano non mates

Propón a Marta este vídeo (ela xa matou na ponte da Inmaculada)

Santo do Manolo

Quixemos rematar o ano pasado coas palabras do Manolo do Tío Bernardo (pai, padriño, tío) para o primeiro día do ano. Grande contador de contos, de ditos, de tantas cousas. Memoria viva dos nosos antepasados. Este blog cantas cousas leva rescatadas do seu maxín. 
Queremos empezar tamén o ano coas felicidades para o Manolo de Trasar, o Manolo do Tío Bernardo, o Manolo dos Curas ... o Manolo... O NOSO MANOLO!