26/11/12

Muíño do Pataqueiro

A 370 metros dos Parentes contamos con este precioso muíño, claro que case niguén que pasa pola zona o ve, consérvase ben de estrutura, inda que baleiro por dentro. Como curiosidade podemos apuntar que cando traballaba recibía auga de dous regatos distintos, supuñemos que dado que está sobre 750 m de altitude necesitaría de todas as axudas para poder moer durante parte do ano. Este da foto é privativo da "Casa Pataqueiro" de Trasar de Carballo. Unha xoia.

12/11/12

Leña

Apaxuamos algo de leña en previsión dun inverno que faga honor ao seu nome

11/11/12

O Cacho do José

Onde estará isto? Na Barrela, en Chantada? en Lugo? Non. Mándanola un parente e di que está no centro de Madrid, na Plaza de Santa Ana. O noso galego xa parece que é máis valorado por aí adiante que aquí onda nós. Nos Parentes segue sendo o idioma oficial.

09/11/12

Gandeiros importantes

Se miran esta nova na Voz de Galicia verán que importantes actores e director de cine  se meteron tamén ao negocio do leite. Ver a foto e o que pon debaixo

07/11/12

Rapaces de saldo

O parente Javier mándanos desde Plasencia esta interesante foto que non precisa comentarios

05/11/12

A Carmen en Lemmer

Desde hai uns días a Carmen está en Lemmer (Holanda). Di que é unha vila pequeniña pero que ten moito encanto e tamén ten praia. Mándanos unhas fotos feitas por ela. Hoxe que é feira en Chantada igual bota de menos unha racionciña ...

Se queren saber onde está iso:

03/11/12