Mándanos o Paulo esta foto tirada desde a súa ventá en Puebla de Sanabria, un bo rabaño, si señor
29/04/13
28/04/13
A feira de Castro
Mañá 29 é feira en Castro. O Humberto que estivo nos Parentes hai uns anos coa familia topou esta canción da portuguesa Mariza titulada A feira de Castro.
25/04/13
Os Parentes andamos nun romance
Ben agradecidos que estamos co poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, un lugués coma nós, por nos meter neste romance tan xeitoso que nos dixeron que cantou en Pontevedra:
Tres cousas hai nesta terra
que naceron en Trasar:
o Anxo González Guerra,
Os Parentes e... enxamiar.
Da República Arxentina
chegounos de contrabando
unha verdadeira mina
chamada Vitoria Ogando.
Pero un máis unha son tres
e así aritmeticamente
naceu un pontevedrés
e matemático ente.
E o galego ben falado,
segundo un conto contado,
é o que leva no refaixo
a avoa Pilar de Baixo!
que naceron en Trasar:
o Anxo González Guerra,
Os Parentes e... enxamiar.
Da República Arxentina
chegounos de contrabando
unha verdadeira mina
chamada Vitoria Ogando.
Pero un máis unha son tres
e así aritmeticamente
naceu un pontevedrés
e matemático ente.
E o galego ben falado,
segundo un conto contado,
é o que leva no refaixo
a avoa Pilar de Baixo!
22/04/13
De don Jesús a don Mauro, novo cura de Cartelos
Despois de máis de 40 anos de párroco en Cartelos don Jesús deulle o relevo a don Mauro, o novo cura. Presentouse o domingo á tarde acompañado de don Pegerto.
19/04/13
O lobo
Contaba empacestea o noso tío Cura do Incio que o seu máis grande medo fora cando sendo neno viu unha manda de lobos no Prado de Baixo mentres gardaba as vacas. O lobo.
Neste documental podemos saber todo sobre o lobo e sen medo ningún. Precioso, unha boa película. Quen sabía que o lobo é un bo vendimador?
Neste documental podemos saber todo sobre o lobo e sen medo ningún. Precioso, unha boa película. Quen sabía que o lobo é un bo vendimador?
16/04/13
14/04/13
Pablo Carpintero
Xa falamos neste blog varias veces de Pablo Carpintero. O outro día protagonizou un programa na TVG e hoxe está en Castro e alá foi a Marta escoitalo, que ademais de atender as vacas tamén hai que cultivar o espírito. Un fenómemo, este Pablo dá gloria escoitalo.
13/04/13
12/04/13
Unha seca fría
E el que será unha seca fría? Preguntamos ao noso Curmán Maior e dixo: para a miña idea (como dicía o Paco do Penete ) debe ser unha expresión
veigueña (das veigas do Asma). Eu téñoa oído en Vilaguillulfe e tamén
en Burgás. Ao primeiro que lla escoitei foi ao Antonio do Toribio, tío
do actual Manolo en Cartelos, cando andaba de xornaleiro do Marelo
naquela nabeira que tiña debaixo da igrexa. Tamén lle escoitei dicir
descrevar (ou descrebar?) como sinónimo de escampar. Onda nós unha
seca-fría é un pequeno torbón que cae moi raras veces co aire norte ou
sarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi
frío. Fóra de alá non oín nunca utilizala nin tampouco a vin escrita. Pois xa sabemos algo máis.
11/04/13
Os números din o que lles poñen
Lemos no Diario de Pontevedra do 11-4-2013, pax. 43 falando de Mercadona: la empresa incrementó en 2012 sus compras a proveedores gallegos ... Entre ellas figuran las empresas lácteas Entrepinares y Casa Macán... Mercadona les compró unos 118 litros de leche producidos en 183 explotaciones ...
Iso é o que pon
06/04/13
05/04/13
Parabéns para a Carmen
Como anda lonxe alá polas Holandas frías temos que mandarlle desde aquí os parabéns polos seus anos ben levados
04/04/13
O corpo santo de Santa Cruz
Para quen queira saber moito sobre o Corpo Santo, este artigo de Xavier Viana
02/04/13
01/04/13
Partido de fútbol Carballedo-Vilamarín
Conta o Manolo do Tío Bernardo que sendo un rapazolo un día foron xogar ao fútbol á Corveira de
Baixo. Que foi o cura do Xeno que era un futbolista de moita categoría. E xa
xogaba o cura do Tratante, foron buscar o Lamas de Carballizos e xogaron
contra os de Vilamarín que viñan xa todos con traxe de deporte. Pero tiveron
pouco que fagher, ao Manolo puxérono de defensa mais estivo descansado que
non chegou o balón onda el. Pegáronlles unha boa paliza alí, e os de de Lugo xa
levaran canda eles un feixe de bombas. O Manolo aproveitou para lle devolver 500
pesetas ao Rico da Corveira que llas emprestara para devolver na venda dunha mula en Lalín, que o comprador só levaba billetes de 1000. Isto sería alá polos anos corenta e pico do século pasado. Xa choveu.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)