E el que será unha seca fría? Preguntamos ao noso Curmán Maior e dixo: para a miña idea (como dicía o Paco do Penete ) debe ser unha expresión
veigueña (das veigas do Asma). Eu téñoa oído en Vilaguillulfe e tamén
en Burgás. Ao primeiro que lla escoitei foi ao Antonio do Toribio, tío
do actual Manolo en Cartelos, cando andaba de xornaleiro do Marelo
naquela nabeira que tiña debaixo da igrexa. Tamén lle escoitei dicir
descrevar (ou descrebar?) como sinónimo de escampar. Onda nós unha
seca-fría é un pequeno torbón que cae moi raras veces co aire norte ou
sarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi
frío. Fóra de alá non oín nunca utilizala nin tampouco a vin escrita. Pois xa sabemos algo máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario