30/07/13
Cegoña
Cando eramos pequenos a única cegoña que coñeciamos era a que aparecía nos libros traendo os meniños de París.
Agora cando segamos na herba vense a ducias, veñen comer aos prados
28/07/13
O torbón de hoxe ó meiodía
Na Casa de Baixo a Mamacarmen cando tronaba mandaba abrir a porta do pallar (arriba) e a porta das hortas (abaixo) para que se viña chea a auga tivese por onde entrar e por onde saír... "experiencia dos anos"...
27/07/13
Intre na herba
Non Parentes fixemos un descanso no asunto da herba seca por mor do tempo revolto. Descansamos un pouco e collemos forzas para seguirmos, algo de alegría coa promesa da suba nos prezos do leite; pero coma sempre aínda non é efectivo e calquera cousa pode torcer as nosa ilusións, como por exemplo temos o polo que anda polo chan o prezo é non é culpa dos produtores. Nós traballamos con optimismo e estamos a facer unha importante e abundante colleita de herba seca
24/07/13
Charro e conchatero
Conta o parente doutor Javier que unha paciente súa alá pola Pontenvova díxolle esta frase ao que viña con ela:"veña, vamos, que eres máis charro que os charros dos Ancares, conchatero!"
O de "charro" pode ser como lle chaman a un falar da zona de Vilafranca do Bierzo. Pero o de "conchatero" só llo escoitou a esa señora de máis de 90 anos.
Alguén sabe algo sobre estas palabras?
O de "charro" pode ser como lle chaman a un falar da zona de Vilafranca do Bierzo. Pero o de "conchatero" só llo escoitou a esa señora de máis de 90 anos.
Alguén sabe algo sobre estas palabras?
23/07/13
22/07/13
Micropterus salmoides
O outro día falabamos do peixe que pesca o Paco do Guerra e puxemos foto xa fritido. Pero pregúntannos que clase de bicho é. Nós pensamos (igual estamos errados) que se trata da lubina negra. Poñemos a foto e as características. A ver que lles parece aos lectores.
Isto é o que di a Wikipedia:
La lubina negra, haro, perca americana, black bass o lobina negra (Micropterus salmoides ) es un pez de agua dulce del orden de losperciformes y de la familia de los centrárquidos. Se caracteriza por tener una aleta dorsal radiada espinoforme y una posterior flexible separada por una muesca. Esta especie es originaria de Norte América. A partir del siglo XX, esta especie se ha introducido en España, donde se considera invasora, y en otras partes del mundo.
20/07/13
Esther e Manuel
Día de festa na familia do Xan e a María José, a Carmen e a Helena: o Manuel e a Esther din que si, que se queren e vano celebrar. Que sexa por moitos anos.
Paco do Guerra
Aquí temos un exemplo de quen se adapta perfectamente á xubilación e busca novas actividades. O Guerra do Barrio despois de se xubilar mercou ribeira en San Fiz no mellor da Ribeira Sacra e tena coma unha patena. E tamén mercou cana de pescar e tirou unha licenza. E con éxito, como mostra a foto
19/07/13
Unha médica e unha farmacéutica
Pois van ter un descanso os nosos doutores parentes Don Javier e Dona Inma porque hai na nova xeración xa reposto. Na casa do Tío Bernardo a Laura xa é medica e na Casa de Baixo a Encina xa é farmacéutica. Xa poden practicar na familia, os avós e avoas seguro que se prestan, orgullosos das súas netas.
17/07/13
Máis herba
Xa levamos ben dela embolada pero aínda queda, haberá que seguir mentres o tempo acompañe. Di a Pilar de Baixo nos seus refráns que "a Santa Mariña coa súa canadiña". Mañá é a Santa Mariña, a ver se esquece a canada
O cuco e a malla
Conta o Xan que cando
chamaron o cuco para unha malla dixo que se estaba de sol tiña que cucar, se
estaba cuberto tiña que empolar pero que se chovía si que ía.
Explicación para os nosos lectores urbanos: estamos no tempo
da malla do centeo, un dos labores máis duros do verán e en días de calor. O
cuco ten sona de nugallán (non coida nin os seus ovos) por iso pon escusas (de pouco traballar) para
non ir se está o tempo bo, di que só vai se chove, porque chovendo non se pode
mallar.
16/07/13
Saúdos para os mariñeiros
Nós os gandeiros non temos un día grande de festa na profesión. Os mariñeiros teñen o Día do Carmen, hainos que non cren en Deus pero si lle teñen lei á Virxe do Carme. Hoxe é o seu día, que o pasen ben.
Nós temos que felicitar ás nosas Carmes, A Maricarmen na Coruña e a Carmen hoxe de vacacións entre nós.
E lembramos a nosa mater familias, a Mamacarmen, a avoa común aos parentes.
Bo día a todos, tamén ás que teñan outros nomes
10/07/13
San Cristovo
Hoxe é o San Cristovo, patrón da nosa Lobelle. Aínda ha
haber quen teña ofrecidas unhas bombas porque é un santo moi avogoso. Dise que
é o patrón dos condutores e nós teriamos que lle ter logo moita fe porque
decote andamos subidos en tractores, uns vehículos que teñen moitos accidentes
se me mira a diario “o diario”. Tamén este Cristovo é o patrón da Cervela, alá
no Incio, onde estivo moitos anos de cura o noso tío Pepe, falecido hai un ano
en Torrejón. E falando da Cervela, saúdos para a señora Mercedes e familia.
Antes había quen escribía Critobo (Cristo bo?), agora disque é Cristovo.
E falando de festas:
08/07/13
Nin á sombra
Non se para coa calor. Bo tempo para pasear. Como a Carmen e a Helena que nos mandan saúdos desde Bélxica. Ou para festas, como as de Boiro onde a Pilar coincidiu co Bernardino estreando xubilación e o Rubén tomando un ben merecido descanso. E falando da Pilar vai espantar a mula, disque xa rematou os baños.
07/07/13
Día de calor en Portosín
Vaia calor onte en Portosín, o noso Curmán Maior, Benigno, tiña que regar o chan cada pouco para que a María (sogra) e Pilar (tía) puidesen respirar
06/07/13
03/07/13
A Pilar en Santiago
Contou a Pilar de Baixo que alá polos primeiros anos sesenta foron de peregrinación a Santiago de toda a diocese de Lugo. Os de aquí levaban un cartel que dicía: CARBALLEDO CIERRA LUGO. Contouno hoxe que foi escoitar unha misa na capela do Pilar da nosa preciosa catedral de Compostela.
02/07/13
A Helena en Holanda
Pois si está a Helena en Holanda que foi visitar a súa irmá. Xa lle mandou unha foto á súa avoa que está na praia en Bueu.
Hai anos había un método para aprender inglés que se chamaba Assimil e unha das primeiras frases era: Helen is in Holand, ou algo así que xa o temos medio esquecido.
Hoxe non temos herba seca que daban nos reportorios algo de seca fría.
Hai anos había un método para aprender inglés que se chamaba Assimil e unha das primeiras frases era: Helen is in Holand, ou algo así que xa o temos medio esquecido.
Hoxe non temos herba seca que daban nos reportorios algo de seca fría.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)