Velaquí o aparello para matar os pitos comodamente, sen que dean traballo. Pendúrase na parede, métese o pito coa cabeza cara abaixo e xa se traballa a xeito; fáiselle un corte na cabeza e apárase o sangue que logo se tomará de entrante no xantar unha vez callado na tixola. Nada de cortarlle o pescozo!
Unha amiga nosa que traballa en Ourense di que é de Amoeiro. Non sabe de onde vén esa palabra. Pois nun libro do máximo especialista en nomes de lugares, Gonzalo Navaza, di que Amoeiro é o mesmo que Amieiro, unha variante do nome desa árbore tan abundante.