A 370 metros dos Parentes contamos con este precioso muíño, claro que case niguén
que pasa pola zona o ve, consérvase ben de estrutura, inda que baleiro por
dentro. Como curiosidade podemos apuntar que cando traballaba recibía auga de
dous regatos distintos, supuñemos que dado que está sobre 750 m de
altitude necesitaría de todas as axudas para poder moer durante parte do ano. Este
da foto é privativo da "Casa Pataqueiro" de Trasar de Carballo. Unha xoia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario