24/06/15

Polo San Xoán a sardiña pinga no pan

Outra vez nos erguemos cediño para ver bailar o Sol e despois poñernos a munguir a vacas. Pero outra desilusión, coma tantos anos, NÉBOA E MAIS NÉBOA. Xa empezamos a pensar que non é certo que o Sol baila e por iso sempre pon néboa o encargado do tempo.
E está de santo o noso Presidente, cantas veces polo día de hoxe ía con seu pai (os dous Xan de Baixo) comer o xantar a San Salvador de Búbal. Como lles prestaba aquela festa! o primeiro que se facía ao chegar alá era baixar á corte ver as vacas, xa antes de lle tomar un vaso.
Tamén temos que felicitar hoxe polo seu aniversario a Helena, que axiña nos vai marchar unha tempada a Irlanda mellorar o seu inglés. Hana botar de menos na Casa de Baixo!
E para rematar, comunicamos que a nosa Marta xa se vai recuperando do seu ombreiro. As vacas e as becerriñas non fan máis ca preguntar por ela.
Estas son as herbas que deixou a remollo o Bernardino alá en Boiro esta noite especial

Ningún comentario: