01/01/10



Na foto de hoxe podemos ver un dos bocados exquisitos na matanza cas do Xan a semana pasada. Son a paxarela (bazo, a máis escura) e as carnes mortas (páncreas). Hai que as comer no momento da matanza. Preparounas a cuñada Vitoria á prancha con pan de Cea e viño de Oleiros. O sobriño Paulo di que é o mellor da matanza.

Como nos dixeron que Cáceres era unha cidade moi bonita non dubidamos en apoiar a súa candidatura. Seica ata nos van dedicar unha rúa (pinchar aquí).

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vendo a pinta que teñen non anima moito a comelas, pero polo mundo adiante cómense outras viandas que animan menos e seica son tan ricas como estas

Anxo dixo...

Para min non están mal pero hai outros bocados máis ricos na matanza. O curioso das carnes mortas é que ás 12 horas de morto o bicho xa non saben aínda que se garden no frigorífico