Nacera o 4 de agosto de 1912, polo que chegou aos 97 anos, cunha boa saúde e sempre coa súa receita máxica: cada un é médico de si mesmo. Mentres puido axudou a todos. O seu pack para as paridas era moi completo: galiña con moita enxulla, tableta de chocolate, pela de manteiga, botella de Sansón. Moito a imos botar de menos todos.
O velatorio na súa casa do Barrio de Puga
O enterro o día 7 ás catro en Pradeda.
1 comentario:
O chegar a súa casa o primeiro que facía era ofrecer de comer. Contan os rapaces de Milleirós que ían a escola o Barrio que se a Sr Mestra tardaba un pouco, a servanda facíalles comer outro almorzo. Era de casa farta.
Publicar un comentario