30/08/14

Os Chousos



O camiño real pasaba por Trasar, de Trasar de Sabugueiro cara a Chantada (moitas recuas cargadas, mesmo de ferro), e atravesaba a devesa dos Chousos, un dos sitios que máis respecto metía noutrora. Os homes, se tiñan que pasar por alí de noite, adoitaban levar a escopeta, por seacaso. Disque había un “medo”: aparecía os días 4 cando había feira no Coedo pero só se vía cando se ía e non á volta, tampouco se vía cando ía un só. Segundo se andaba pola recta do camiño o medo ía desaparecendo, era coma un frade lendo nun libro. Tamén hai quen dicía que o tal medo era un escapado ou facineroso  para que a xente non se lle achegase. Isto cóntao o Manolo do Tío Bernardo. O Xan engade que por alí tamén deberon matar un francés nos tempos da guerra de independencia e que antes de morrer pedía en francés que o deixasen que tiña fillos que coidar. Hoxe pasamos por alí no coche sen medo ningún, outros tempos.
Dinos o noso asesor de nomes que Chousos significa eidos cerrados, cerradas

Ningún comentario: