16/08/14

Saúdos desde Austria e herba en Xillán



O Paulo e a Laura mándannos saúdos desde Viena (que non Viana, a que está aquí onda o Asma), din que é unha cidade monumental, estás vendo un edificio impoñente, xiras a vista e ves outro máis impresionante. Están pasando uns días de lecer antes de marcharen para Medina de Pomar (Burgos) a explicar Matemáticas.
Así que nós tamén mandamos saúdos para Viena e para Pinar del Río en Cuba. Mentres seguimos na herba. Andamos por Xillán. Así dicía a avoa Aurora e así é o nome oficial aínda que moitos tamén din Sillán.

Ningún comentario: