Aproveitamos para
felicitar a Tita e a María polo seu santo (e a todas as Marías, claro)
Disque lle van dedicar unhas Letras Galegas a Filgueira
Valverde (moi merecidas segundo os da RAG e moi pouco para outros, que nós non
entramos niso que non somos sabedores). O caso é que este escritor conta en Quintana viva dun canteiro que non
era albeite
pero axudaba a nacer os becerros coma se fora home de letras e trataba os
xovencos coma se fosen nenos, fóra a alma. Non cobraba nin quería regalos, só
esixía poñerlle o nome ao nacido: Cuxo,
Amalló, Boiato, Camón, Puxo, Quilo … (teremos que aproveitar logo para o
ano que vén algúns destes nomes para os nosos nacidos na granxa e así
celebramos as Letras Galegas ao noso xeito).
Tamén lles comunicamos que a visita do propio dos Parentes (e señora) a Cuba segue sen novidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario