Aquí onda nós as matanzas eran figadeiras polo moito valor que tiña o comer o fígado encebolado no xantar. Matábanse os marraos á mañanciña, chamuscábanse con palla, fregábanse con auga fría, sacábanse as tripas e pendurábanse atados polo cu. Comíanse as carnes mortas e as paxarelas. Marchábase lavar as tripas ao regueiro nos Salgueiriños, os homes só cargaban coas tinas, as mulleres lavaban. E logo un bo xantar: cocido e fígado con patacas. E bo viño da ribeira. Descanso e boa cea con callos e carne asada. Máis viño da ribeira e filloas de sangue. E logo os homes varias horas de julepe no comedor. Eran tempos.
Pero os tempos sempre cambian e moito diso xa non se fai. Non hai máis ca ver este fígado deconstruído no prato do Xosé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario