15/12/13

Buciños e os seus nomes

Tamén levamos eidos na parroquia de Buciños. Vexamos que di Nicandro Ares dos nomes dos lugares.


Buciños: dun nome de persoa Buccinius
Alén do Río: máis alá do río
A Barreira: lugar de barro (palabra anterior aos romanos)
O Barrio: lat. tardío Barrium, do árabe barri (exterior)
A Casa Grande: non fai falta explicar
O Coedo: onde hai moitas coles ou coias (posible cauletum)
A Corna: cerdeira brava ou sanguiño (cornus)
A Corveira de Abaixo: lugar de corvos (corvaria) de abaixo
A Eirexiña: igrexiña
Loureiro de Baixo e de Riba: o nome da árbore. Loureiro foi parroquia suprimida e agregada a Buciños no 1890.
O Outeiro: sitio alto (altarium)
O Porto: paso dun río ou dun monte (portus)
San Trocado: Sanctus Torquatus, un dos sete varóns apostólicos
Surrego: ao pé dun rego ou regato
A Torre: xa o di o nome (turris)
Trasar de Sabugueiro. Do nome de persoa Trassarius. A árbore ten que ver co latín sambucus, sabugo
Trasmontes: detrás do montes

Ningún comentario: