28/12/13

DIVERSIFICAR PARA SOBREVIVIR: 28 de decembro



Estamos fartos do sobe-baixa nos prezos do leite. Para o ano 14 que xa está aí imos dedicar unha das naves a un novo tipo de gando, principalmente burras e burros. A idea é crialos nós mesmos e aproveitar a carne para facer cecina (coma antigamente en León), ademais de ofertar paseos en asno polos nosos eidos (ao termos moitos podemos contactar cos colexios para paseos colectivos, ou con residencias da 3ª idade). Tamén mercaremos algunha besta para facernos con mulas e machos (aproveitando os consellos que para a súa cría daba o Paco do Penete). Mesmo podemos mercar algún cabalo (no que é entendido o noso parente Gumersindo) para ter algunha mula burreña, pero iso máis adiante. Así falando entre nós, algún dos socios ata se atreve a que tamén podiamos probar con cebras porque leu na internet que cebra, burro e cabalo son da mesma familia, e mirar como se daban estas na nosa terra, que tamén hai xente que cría avestruces galegas. No fondo é unha volta ás orixes, aos nosos devanceiros arrieiros de Trasar e as súas reatas.

Temos que mirar nos organismos oficiais a ver se podemos picar algunha subvención por emprendedores con isto da burramia, que alí diso saben moito.

Para máis información sobre as mulas ver a nosa entrada

Ningún comentario: