29/12/13

Diversificar para sobrevivir 2

O de onte, 28 día das inocentadas, era unha peghota. Cando eramos rapaces o Tío Benigno recibía o diario (El Progreso) e eran sonadas as súas inocentadas. Xa temos contado que este xornal tiña unha segunda función todo o verán na que o Don Benigno era un esperto, era unha arma mortífera para as despistadas moscas que se pousaban no mesado da cociña da casa do Tío Bernardo. E unha terceira era a de servir para envolver cousas. Tamén había unha cuarta pero esa era moi persoal e non se debe falar en público dela por educación.

Ningún comentario: