20/11/10

Figadeiras


Empezou a tempada das figadeiras que é como lle chamamos en Trasar de Carballo ás matanzas do porco. Xa pasou o San Martiño, xa podemos matar o porquiño. E como hai que adaptarse aos novos tempos de innovación no xantar, velaquí a presentación de fígado con patacas que fixo o informático dos Parentes na casa do Tío Bernardo.

19/11/10

As nosas vacas tamén son artísticas

Resulta que as nosas vacas non só son boas para dar leite, tamén poden lucir nunha exposición fotográfica de Olláparo (retratadas polo Bernardino) en Boiro. Se Boiro lles queda lonxe poden velas aquí

18/11/10

Outra vez o xabarín


Rise de nós. Alguén dixo que se pos un plástico branco no prado que non foza, pero non fixo caso del e seguiu a fozar. Temos que seguir buscando métodos para que non estrague os prados

14/11/10

Onde se inventou a carne ó caldeiro?


El Progreso, 24 de xullo de 2000. Ramón Rodríguez Porto:
Son moitos os amigos e amantes do arte culinario que aseguran que a vitela ó caldeiro nace á sombra da casa forte de Cartelos, solar dos Temes. Suponse que, orixinariamente, arrieiros de orixe maragata serían os que popularizarían os pratos de madeira, alternando este prato co polbo polas feiras galegas. A vitela ao caldeiro arraigou sobremaneira nas celebracións do municipio. Era un prato moi popular nas feiras que A Barrela celebraba o día 13 de cada mes e nas de Castro o 17 e o 29. Este prato ten nos frades de Oseira a un dos seus grandes impulsores. Conseguiron que se convertese nun xantar non soamente de freires, senón tamén de feirantes, de arrieiros e de campesiños dado que non precisa de artificios gastronómicos para a súa elaboración.
(Aclaración dos Parentes: o noso curmán maior di que os vellos de Vilaguillulfe sempre lle chamaban vitela á carne de becerro)

13/11/10

Os Parentes no xubileo


A Pilar, a Marta e a Maricarmen foron a Santiago gañar o xubileo: abrazo ao apóstolo, rezo diante da tumba, misa do Arcebispo e Botafumeiro. Co día que estaba o sacrificio foi dobre, para cruzaren o Obradoiro tiveron que se agarrar ben ós paraugas.

11/11/10

Quentando o viño na adega do Xosé



Tratase de subirlle a temperatura ata 21 graos e provocar outra fermentación para desfacerse do ácido málico.