2. DESCRICIÓN DO
PROXECTO DE INNOVACIÓN
A
presencias de ratos nas explotacións agropecuarias provocan enfermidades,
grandes perdas e múltiples gastos, tanto no referido a man de obra como no
investimento en productos, velenos e raticidas, para a súa eliminación, sen
mencionar a contaminación dos solos ou a súa
implicación na cadea ecolóxica e alimentaria.
A innovación que se presenta é a de artellar
un robot autónomo e autosostible que patrullará non límites programados.
Emitirá unhas sinais que atraerán os ratos ó seu interior onde se lle
suministrará, de xeito automático, una atmósfera de ozono concentrado durante
un tempo determinado, tralo cal se liberará o rato que fuxirá con doenzas no
sistema respiratorio o que lle ocasionará a morte lonxe do robot que quedará
preparado para a seguinte visita. O equipo disporá dun sistema de recarga
solar, patrullará de noite segundo o programa previamente introducido coas
coordenadas e variables meteorolóxicas. Documentará e fotografiará os eventos
que serán rexistrados nun contador e transmitidos a un rexistro base xuntos cos
parámetros meteorolóxicos de cada evento. Deste xeito disporemos dunha base de
datos que nos permitirá establecer una guía do comportamento dos roedores
baseada no clima. Ó aparello traballará pola noite, non precisará de veleno
algún xa que o ozono será xerado a partir do osíxeno do aire e non precisará de
suministro eléctrico convencional e terá un impacto medioambiental nulo.
A
relevancia será extrema xa que non existe innovación deste tipo a nivel
mundial. Os solos e as augas quedarán liberados dos pesticidas que eran
introducidos na cadea vital. Os velenos e trampas para os ratos pasarán a
historia e o sector primario verá melloradas as súas contas de resultados.
Coa
implantación da rateira ecolóxica, as granxas e os productores agropecuarios
reducirán os seus custes, mellorarán as colleitas e istas serán mais salubres.
As augas non se contaminarán xa que nos haberá pesticidas esquencidos que se
acaban integrando na cadea hídrica. Este aparello poderá ser compartido por
varias explotacións, poderá ser equipado con varios programas e contribuirá a
ter en Galicia productos de calidade e libres de pesticidas. Mellorará
sustancialmente os resultados das explotacións e abundará na información
documental sobre o estilo de vida, usos e costumes dos ratos. Coa súa
implantación lograremos unha economía rural menos traballosa, máis competitiva,
eficiente e respetuosa co medio ambiente cara a unha agricultura productiva,
moderna e sostible.
Deste xeito, por medio desde
produto innovador automatizado e dotado de TICs, teremos unha calidade e seguridade
alimentarias para estilos de vida sans dos nosos consumidores e contribuiremos
a mellorar a bioeconomía protexento a biodiversidade, os ecosistemas e a funcionalidade do solo. A comunicación de
datos e o uso das TICs será una ferramenta ó servicio da explotación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario