-O tempo pasa e non di nada. Dixo a Pilar de Baixo.
-Madia levo: dixo a señora Concha de Morlás cando lle dixeron que
guapa estaba aos 98 anos.
-Bos po bulleiro…
Nacidos! Dixo o Xosé cando viu ao Aldán con zocos.
- Cando canta o
capón a media mañá é que vai chover á tarde… ou que o capón non almorzou. Dicía o señor José da Ribeiriña
-Ter unha biceira: ter gando lanar, un rabaño de ovellas, en Pazos de Codosedo
- Conta o Fran Vences na Limia que o boi
enteiro-sen castrar- ten memoria de quen o picou co aguillón (iso tamén o dixo Rodríguez de
la Fuente nun programa). Pasoulle a el cun boi da casa que picara e tempo
despois case o mata, botouse a el e o Fran deu librado tirándose ao chan nun
sitio estreito, o boi cos cornos só daba metido o fociño. Ao día seguinte xa o
levaron á feira. Un boi enteiro matou a un coñecido seu en Trives.
Tamén
tiveron na casa un burro enteiro. Un día despareceulles unha ovella. Toparon a
pel e os ósos na corte do burro. Logo capárono e fíxose moi manso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario