02/10/16

A lacoeira

Debemos ser algo raros por aquí que as nosas palabras moitas veces non veñen nos dicionarios. Pásanos coa lacoeira, palabra que non vén no dicionario da RAG, nin no Estraviz.
Na Casa de Baixo sempre se gardou unha lacoeira para a vendina. Que é? Pois cando se parten os marraos na matanza o matón pode "deixar as lacoeiras": facer unha peza coa carne da zona do lacón, sen o lacón. Sálgase e logo cócese enteira e cómese fría. A Pilar de Baixo tenlle moi collido o tempero. Non sabemos como se dirá noutras zonas, se é parecido ao que en castellano lle din paletilla ou paleta. Pero o que si sabemos é o rica que está.
Esta é a lacoeira deste ano na vendima:
 

Ningún comentario: