-Pilar de Baixo: Hai
que deixar andar o can coas rodas (hai que deixar andar as cousas, cada un
como as quere el).
-Lolita Conde Ogando: Quen ao ano andou e aos dous falou, bo leite
mamou (non cómpre explicación)
-Xosé Manuel dos Parentes: O home do mandil cágome nil, pero
o que non o ten rabea por il. Aquí onda nós, Mandil: prenda utilizada para se cubrir da
chuvia e do frío, cubría as costas e a cabeza. Era propio das mulleres,
pero os homes se non o tiñan cando chovía quen llelo dera…! De aí o dito do
Xosé.
Onte aproveitamos día de chuvia para compras:
Ningún comentario:
Publicar un comentario