Agradecidísimos a Mellor Xuntos polo que puxeron de nós no seu Facebook:
Outra xente marabillosa coa que coincidimos nestas semanas foi a cooperativa Os Parentes. Pepe, Xan, Xosé, moitas grazas pola vosa colaboración. Con eles aprendimos que a xente do campo galego, tradicionalmente, sempre fixo XUNTOS moitas tarefas, e a mellor maneira de seguir con esta tradición de facer as cousas XUNTOS é a cooperativa.
Os Parentes son curmáns entre si, pero tamén podían non selo. O importante é que son veciños, e neste país ter un lindeiro colaborador é un tesouro. Se queredes ver algo pasade pola súa páxina web. A nós ata nos meteron no seu blog.
Non nos quedou claro a técnica de facer licor café branco. A de ensilar tamén parece complicada, pero menos interesante. Tamén vimos con Os Parentes nacer un becerro, ao que lle puxeron o nome do noso camarógrafo. Pero o realmente importante é comprender que, no campo, o traballo cooperativo pode significar a diferencia entre poder enfermar ou non; entre poder tomarse uns días de vacacións ou non; entre -en resume- poder vivir ou non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario