Agora xa non se fai a seitura a man. Conta o Manolo do Tío Bernardo que o maioral era o que facía a cuadrilla de alugados que ían polos pobos
segando o pan. Logo era o que se ocupaba dos contratos de cobrar, etc. Era
tamén o primeiro en saír cos seus regos. O último era o rabeleiro, que tiña que
ser o mellor segador porque se algún do medio deixaba un rego el tiña que se facer
cargo, tamén ás veces algún lle axudaba collendo un rego do medio un anaco.
Cada dous segadores formaban unha lucha, o primeiro botaba a palla para atrás e
o segundo enriba da del, por iso cada seis segadores precisábase unha atadora
E aí vai o canto da seitura de Fuxan os Ventos
Ningún comentario:
Publicar un comentario