28/05/15

A igrexa da Cruz do Incio e ...

O cura do Incio, o noso tío tiña dúas igrexas, cada unha tan querida coma a outra. A antiga do Hospital pola que loitou e lle custou ferro e fariña a súa restauración. A outra, a máis moderna da Cruz do Incio que empezara o seu grande amigo Don Argimiro e el tivo que remover Roma con Santiago para conseguir os cartos para rematala. 
Pero puido ver como se lle poñía o ramo ás dúas empresas, que el era home de armas tomar. E ensinábaas orgulloso. E nas comidas e reunións familiares contábanos fachendoso o seu traballo.
Así hoxe no Incio podemos ver unha das igrexas modernas máis interesantes e integradas na paisaxe (sempre contaba a máxima do arquitecto González del Amo: a boa arquitectura non debe verse) e cerquiña unha das máis antigas e valoradas.
Que sorte teñen logo os veciños do Incio!!! Ademais van ter de alcaldesa a Laura Celeiro, amiga dos Parentes. Case nada!!!
NOTA: vén isto a conto do que pon hoxe La Voz de Galicia sobre a igrexa do Incio

Ningún comentario: