El ten todo o dereito a opinar e nós tamén, pero temos visións diferentes. Parécenos que no tema de ornitólogo terá razón, pero en volver ao minifundio e deixar de botar millo igual ten algunha lagoa o señor posto que a existencia do minifundio esixe unha grande parte da poboación traballando no campo (se falta esa poboación volvemos ao monocultivo e abandono das terras). Para que funcione o monocultivo a poboación precisa dun poder adquisitivo que non xera. O minifundio non fixa poboación no rural, ata o de agora non o fixo. Pero o mellor é ler e logo opinar. Poden ler aquí esas declaracións.
E falando de declaracións, así nos vai con estas autoridades do Ministerio de Agricultura, nótase que eles non viven do traballo nas explotacións, non hai máis que escoitar estas declaracións no minuto 25, nótase que se lle vai man cara á dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario