09/12/14

Onde hai troncos fanse cavacos

É un dito que nos manda o Fran Vences desde Pazos de Codesedo na Limia ourensá. Os cavacos é o que nós lle chamamos pitelas. Seica quere dicir que onde se procurou a vida sempre hai fartura, que cando se fai por algo recóllense os resultados.
E aproveitamos para dúas instantáneas outonizas. 
A primeira é diante do centro de traballo da Maricarmen na Coruña

A segunda fíxoa o  Xan e vese que aínda quedan zarrotes

Ningún comentario: