28/12/14

Nova liña de traballo nos Parentes a partir de hoxe 28 de nadal

Como non hai xeito de que nos paguen ben o leite abrimos unha nova fonte de ingresos. Imos dedicar a nave máis pequena a unha nova facenda: crianza de cadelos de compañía de tamaño pequeno. Vai estar dirixida pola Marta Cerviño e contará con asesoramento externo; para a cría a Lucita de Lobelle, para o coidado a María do Viorteiro. Xa temos apalabrados tres comerciais para a venda, son os tres irmáns Youseef, Sanaa e Ismael, grandes amigos dos Parentes e axudantes de carretilla da Pilar de Baixo.
O parente Anxo de Pontevedra vainos facer unha aplicación de móbiles para poder encargar e descargar o can desde o propio teléfono.
 

Ningún comentario: