31/12/14

Felicitación do novo ano en palabras do Manolo do Tío Bernardo



O primeiro de xaneiro será o primeiro do ano,
por moita forza que fagan nada poderá cambialo.
Comezará á mañá cediño e rematará de noite,
será un día coma os mais, coma o de onte e coma o de hoxe.
Virá un vento tan venteiriño que erguerá as pallas do chan,
caerán chuvias tan fortes que onde caian mollarán.
Cantará o galo ás escuras e o merlo coa luz do día,
está xordo o que non escoita e está cego quen non mira.

Di o Manolo que antes os almanaques traían  o tempo para todo o ano. O caso é que estaban en decembro facendo o do ano seguinte cando lle dixo a filla ao pai: papá, non me poña neve no agosto que me quero casar.

(son as cousas do Manolo) 

Ningún comentario: