19/08/14

Pois xa vai sendo tempo de rematar a tempada da herba seca. Velaí vai a foto dos últimos bolos.
Xa contamos aquí que lemos unha vez que a herba seca foi o invento que cambiou o mundo. Máis cá roda ou o lume ou mesmo a Internet. O conseguir levar herba seca para alimentar os cabalos permitiu que os pobos antigos se movesen polo mundo e avanzase a civilización. E el será certo, cha? Se é así perdoámoslle o moito que nos fai  suar polo importancia que ten.


Ningún comentario: