Onte foi o San Cristovo en Lobelle, misa solemne, procesión
e poxa dos santos, coma sempre.
Así que polo patrón aí vai outro dos contos do Manolo:
Unha vez un señor perdeu a súa burra, andouna buscando todo
o día e non a atopou, facíase de noite e chegou cerca da casa reitoral. Decidiu
entrar para se recoller e meteuse debaixo da cama para se esconder ata o día.
Xa de noite o señor cura e mais a criada puxéronse a facer os deberes e empezou
a dicir ela: ai, señor cura, que vexo o mundo todo … e escoitouse ao escondido:
pois se ves o mundo todo, mira onde está a miña burra
Ningún comentario:
Publicar un comentario