03/07/14

Os lugares de Oleiros



Cumprindo o prometido imos hoxe falar de Oleiros onde está a ribeira do Xan. De onde veñen os nomes desta parroquia segundo Don Nicandro Ares?
Oleiros (nesta parroquia tivo unha granxa o mosteiro de Oseira)
Ambasmestas, vén de aquas mixtas, augas que se mesturan (Sil, Miño, Búbal)
Bacelares, terreo de bacelos de vides, de vides novas ou para replantar
Carcacía non está moi claro. Pode ser unha Casa de Casía ou unha carqueixa (planta)
A Costa, do lat. costa, pendente, ladeira
O Fontao. Lat. fontanus, que ten que ver con fonte.
As Gándaras. Palabra anterior aos romanos, aplicada a unha terra areosa e sen cultivar.
A Granxa. Lat. granica. Era a propiedade do mosteiro de Oseira.
Lama. Palabra moi antiga, co mesmo significado ca hoxe.
Laxiña, diminutivo de Laxa do latín hispano lagena: pedra plana e delgada
Oleiros. Aquí debeu haber xente que facía olas (recipientes para viño, etc)
A Pena. Palabra latina (pinna/penna): peneda, pedra.
A Ribeiriña. Diminutivo de ribeira
Sergudiño. Diminutivo do nome de persoa gótico Sisegutus.
Soutelo. Diminutivo de souto, do latín saltus, terreo con árbores
A Touza. Significa: terra sen cultivar e chea toxos, silvas, etc. Pode ser de orixe mozárabe.
A Uz. Nome de planta abundante nos nosos montes. Vén do latín ulex, -icis
Xibiriz. Procede dun nome de persoa, tal vez Gibericus ou Iuberici.

Ningún comentario: