Chegan os ricos ás portas
do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un
tempo á terra, alí teredes traballos e alegrías.
E volveron á terra,
tiveron traballos e alegrías e despois Deus acolleunos no ceo.
Chegan os pobres ás
portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un
tempo á terra, alí teredes traballos.
-Pero, Señor, e non
teremos alegrías?
-Non, as alegrías
acabáronas os ricos.
E volveron á terra,
tiveron traballos e despois Deus acolleunos no ceo.
Outro
conto do Manolo do Tío Bernardo
Así estaba hoxe na aira de Baixo este heléboro, que bota no inverno
esta tan curiosa flor. El será unha planta de ricos ou de pobres? O heléboro fétido (crinum malacitano) tamén leva o nome de herba do demo e disque foi co que envelenaron ao Alexandre Magno. Dáse moi ben na montaña, coma no Courel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario