Se aínda non viron As almas do Fental aquí llelo deixamos, dirixida por David Vázquez (chantadino e ribeirao el), que tamén dirixiu Asolagados (da que xa lles falamos aquí varias veces). O mércores comeremos coa produtora Cristina López. Canto lle temos que agradecer a esta xente nova que traballa e tira polo país con moita enerxía e con produtos de moita calidade, grazas a esta mocidade ben seguro que non acabará toda a comarca convertida nun Fental.
1 comentario:
E cánto vos temos que agradecer a vós! Como xa vos teño dito: GRAZAS por falar de 'Asolagados' e das 'Almas do Fental'.
'Asolagados' xa sabedes que podedes ver máis info en: www.coaaugaopescozo.com.
E das 'Almas do Fental' e de David Vázquez' no seu blog persoal: davidvazvaz.blogspot.com
A comida riquísima e a compañía aínda mellor. Neste 2014 temos que facer máis xuntanzas e coñecer a toda esa xente de Trasar que me parece a min que vai ser moi interesante intercambiar ideas e reflexións con todos eles.
Ah, por certo, se algún de vós estades este sábado 18 en Santiago, convidámosvos a ver 'Asolagados' no Museo do Pobo Galego, ás 17:00 horas.
Nós alí vos esperamos :)
Apertas!
Publicar un comentario