08/12/13

Pradeda

Tamén levamos eidos en Pradeda. Vexamos que di Nicandro Ares dos nomes desta parroquia:


Pradeda: terreo con plátanos silvestres (nada que ver con prados), do lat. plataneta. No ano 947 xa se fala de Plataneta et Sancta Eogenia.
-          Pradeda de Abaixo (lat. bassus)
-          Pradeda de Arriba (lat. ripa)
Barrio de Puga. Barrio: : lat. tardío Barrium, do árabe barri (exterior). Puga, que é apelido por Ourense e pode significar vástago de enxerto.
A Estibada: bouza sementada (lat. stipata)
Quintá do Monte. Quintá: (villa) Quintana, propiedade dun Quintanus; que está nun monte.

Ningún comentario: